Qué horario che parece o máis axeitado para os encontros?

Recollendo a luva tendida polo conselleiro Alberte Fernández Fraga, plantexámosvos unha cuestión da que se ten debatido xa no pasado e que sempre é bo retomar. Qué horario vos parecería o máis axeitado para que poida asistir o maior número posible de persoas aos encontros?

Podedes votar por máis de unha opción se considerades varias de elas como as ideais. Imos manter a enquisa aberta ata o luns a iso do mediodía. Votemos!

 

Advertisements

Resultados do sondeo entre os nosos lectores

Referendo_breoganista (1)

Referendo breoganista (3 cuestións a debate)

Como todas as enquisas feitas nesta web, non pretendemos que isto sexa nada serio, se non que queremos simplemente pulsar a opinión dos lectores e todo aquel que poidera estar interesado en manifestar a súa opinión. Somos conscientes de que desta volta as preguntas deste “referendo” poden molestar a algún sector, polo que queremos pedirlles que o tomen como o que é, unha simple consulta ao afeccionado. Vaia por diante tamén que tentamos que os items de cada cuestión sexan axeitados e respectuosos. Non consideramos que debamos xustificar ningunha pregunta, porque todas son lícitas de ser feitas, pero non sabemos que se poden ferir sensibilidades.

As preguntas, evidentemente, son comprometidas porque atinxen a labores profesionais e colaboracións, se ben nos últimos anos déronse feitos para que haxa lugar a estas dúbidas. É máis, estas cuestións son das que máis se leva debatido nos últimos tempos.

Por iso, agora que falta pouco máis dun mes para a caducidade do convenio con Estudiantes e ca temporada case parada, semella oportuno facer estas cuestións. Polo tanto tedes cada un de vós a oportunidade de sinalar qué credes que sería mellor.

Lembrade, debatir é sano sempre dentro do respecto.

Enquisa de renovacións

479944_10151266252058747_497019821_n

Chega o fin de temporada e poñemos a andar o que vai camiño de convertirse en clásico desta web. Lisardo seguro que ten dúbidas á hora de confeccionar o equipo así que tocanos axudarlle a elexir qué xogadores deberían renovar (permitimonos incluir a algún xogador do Estudiantes de Lugo dos que se nomea como vinculado)

Vota o que che parece o mellor do que vai de tempada

Nesta ocasión podedes votar ata por tres das opcións, e se queredes engadiremos algunha outra. Vota!