Previa Lugo é Basket

lugo é basket

Chega a Lugo o primeiro torneo “Lugo é Basket”, organizado pola asociación Xuvenil Sagrado Corazón de Lugo e que contará hoxe e mañá cun cartel de luxo no Pazo Universitario. Enfrontaranse en formato cuadrangular o Clube Ourense Baloncesto, o Leyma Coruña, o C.B. Valladolid e o Ribeira Sacra Breogán. As semifinais comezarán hoxe cun atractivo Leyma-Valladolid ao que seguirá o derbi galego por excelencia, COB-Breogán. Terceiro e cuarto posto e final serán celebradas o domingo pola tarde.
Superado o ecuador das pretempadas para os conxuntos da LEB Ouro, será unha boa ocasión para comprobar o estado de forma de catro planteis que loitarán ao longo do inverno pola zona media-alta da categoría.

Seguir lendo

Advertisements

Tempo de playoffs, tempo de sentimento, tempo de Breogán

 

Partidos2

Chega unha vez máis a fase de ascenso. Un momento do ano de ilusión, a ilusión por voltar a onde este equipo por historia e afección pertence, que é a máxima categoría.

Ven de rematar a liga regular, que podemos calificar de notable, quedando nun cuarto posto que nos da vantaxe de campo nesta primeira rolda. O primeiro rival, un dos que máis duro xoga, o Huesca de Carlinhos, Grigonis e Oriola, entre outros. O cadro é complicado, incluíndo a Burgos no mesmo lado, e bastante despexado a priori para o Palencia polo outro lado. Pero que ninguén esqueza que canto máis difícil, máis grande é a xesta.

Para iso contamos cuns xogadores excepcionais, dos que valoramos en Lugo. Entrega, compromiso, traballo, traballo e traballo. Aplicable ao corpo técnico tamén.

Este vindeiro venres e cada un dos encontros que xoguemos en Lugo o Pazo ten que presentar ambiente de gala. Lisardo, Quique, Adrián Chapela, Diouf, Borto, Roeland, Dani, Pablo, Manu, Haukur, Adrián Laso, Álex López, Charles e Tyrus van estar arroupados coma nunca.

Por iso, queremos que lles mandedes a vosa mensaxe de ánimo a todos eles, e farémosllela chegar. Que a teñan presente cada día, que saiban que estamos con eles ata o final. Expresa o teu sentimento breoganista!

Pregamos que ou ben a deixedes nos comentarios deste artigo, ou nola enviedes ao mail somosbreogan@gmail.com Este equipo meréceo! Obxectivo: ascenso

Así chega o Força Lleida

O equipo dirixido por Joaquín Prado non vai ser un rival cómodo, nin moito menos. Son ante todo un equipo que se aferra aos encontros e nas súas derrotas raras veces se atopan marcadores con diferenzas amplas. Recentemente puxeron en apuros ao todopoderoso Andorra e Burgos. Despois disto venceron a Ourense a domicilio e a Huesca na casa. Veñen dunha derrota en Logroño na pasada fin de semana.

Lleida

Seguir lendo

Qué Melillla nos espera?

Este venres  ás 21.00 o Breogán xogará na cidade norteafricana de Melilla. O equipo de Alejandro Alcoba (técnico debutante na categoría) presenta unha xeira de 2 derrotas consecutivas, a primeira na casa ante o Peñas Huesca e a segunda na casa de Cocinas.com. A temporada que están facendo está sen dúbida por debaixo das expectativas, xa que moitos apostaban por eles como un dos grandes. Esta situación non debería dar lugar á relaxación nos homes de Lisardo, posto que anteriormente perderan co todopoderoso Andorra a domicilio pero sen ceder con facilidade e gañaran na súa pista a outro favorito, o Ford Burgos ademáis do triunfo na pista do COB.

Seguir lendo

Un Breogán sen piedade

Os de Lisardo Gómez gañan 93-59 o Navarra e acadan a cuarta vitoria consecutiva para seguir loitando pola segunda praza de cara aos play-off. A vindeira xornada, viaxe a Melilla.

@patmas16

@patmas16

Ficha técnica

CB Breogán 93: Dani Rodríguez (10), Tyrus McGee (16), Palsson (11), Schaftenaar (8), Diouf (6) –cinco inicial– Pablo Almazán (5), Adrián Laso (10), Álex López (5), QAdrián Chapela (7), Bortolussi (6), Nakaloulou (7( e Martín Gómez (2).
Planasa Navarra 59: Cristian Díaz (7), Bonhome (12), Durchev (7), David Mesa (13), Navajas (9) –cinco inicial– Sebirumbi (9), Uriz (0), Savitski (0), Lorenzo (0), Krolo (2) e Reizabal (0).

Parciais: 25-15, 25-16, 24-12, 19-16.

Seguir lendo