O Breo que encara a 2018/2019

Falta pouco para que comece o Breo a adestrar (o día 15 comeza a #BreTempada), e xa temos moito camiño avanzado pero tamén algunhas cousas pendentes. Imos facer repaso da actualidade do club, ou cando menos a que se coñece a día de hoxe.

El progreso

Foto: Xesús Ponte – El Progreso

No deportivo, a situación está moi avanzada. Xa sabemos que contamos con dez xogadores, sendo os bases son Ricardo Uriz e Christian Díaz, aos que se sumará un novo director de xogo. Para completar o perímetro, ademais da chegada dun aleiro alto, contamos con Lucio Redivo, Johan Lofberg, Salva Arco e Romaric Belemente. Queda unha praza de extracomunitario que será para un destes dous integrantes que faltan. Ambos xogadores chegerían cun rol importante.

O xogo interior si está pechado, con Alec Brown, Emir Sulejmanovic, Volodymyr Gerun e Henk Norel. A este último podedes escoitalo en Tirando a fallar na seguinte ligazón (a partir do minuto 21), onde deu unha entrevista moi sincera e interesante, mostrando un gran compromiso co Breo.

https://www.ivoox.com/tirando-a-fallar-scariolo-se-queda-la-audios-mp3_rf_27610140_1.html

Están pendentes de confirmar as situacións de Sergi Quintela, quen está chamado a renovar e saír cedido cara algún equipo Leb, e Hervé Kabasele, cuxo destino non está aínda definido pero que posiblemente tamén saia cedido.

Ademais o Breogán contará seguro con algún xogador vinculado. A este respecto xa se coñece que dos xogadores que estaban nesta condición o ano pasado, tanto José Antonio López como Pablo Córdoba abandonaron Estudiantes de Lugo.

O corpo técnico conta xa con Natxo Lezkano e Óscar Lata que ven a ocupar o posto deixado por Quique Fraga, que asume a dirección deportiva. Falta por definir a estas alturas quen máis seguirá, se ben o lóxico sería a continuidade de Pablo Abuín, Jose Miragaya, Fran de Andrés e Jaime Capellá (pendente de que o club se pronuncie)

Tamén se prevén cambios nos despachos onde por agora so parece seguro a continuidade de Javier Morandeira como director xeral, e que o consello de administración seguirá conformado por os tres membros actuais, ao non estar prevista xunta extraordinaria de accionistas. En caso de haber algunha variación, o máis lóxico sería que se producise na xunta anual ordinaria de decembro.

Si parece claro que o noso principal patrocinador será Cafés Candelas (así figura o nome do equipo en todas as publicacións da ACB), feito que celebramos. Estiveron nas duras, teñen que estar nas maduras.

Tamén están pendentes de coñecerse os amigables que disputaremos neste verán. Polo momento temos comprometidos os seguintes encontros:

  • Venres 7 de setembro, ás 21:00 contra Baskonia en Tarragona. Circuíto Movistar
  • Sábado 8 de setembro, ás 20:30 contra Gipuzkoa en Tarragona. Circuito Movistar
  • Domingo 16 de setembro, contra rival por definir, as semifinais da Copa Galicia. O rival sairá dunha liguiña entre Coruña, Ourense e Marín, sendo o primeiro clasificado o rival do Breo.

Si temos xa definido o calendario da Liga Endesa 2018/2019, que podedes consultar na seguinte ligazón (e así ir planificando os vosos desprazamentos!):

http://acb.com/calendario.php?cod_competicion=LACB&cod_edicion=63&vd=1&vh=46

Agardamos que nos próximos días se sucedan as novas da actualidade breoganista, que poderedes seguir nas nosas RRSS.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s