O último chanzo á ACB

Tres meses e tres días despois de acadar o ascenso pola vía deportiva, chegará o momento de confirmar definitivamente o ascenso de categoría na asemblea da ACB, na que segundo se informa non se agarda ningún atranco, cousa que celebramos que sexa así por a nosa saúde.

Unha vez que se confirme este paso, seguramente se comecen a coñecer novos movementos no deportivo.

Foto: Xesús Ponte – El Progreso

Neste momento está garantida a presenza do noso corpo técnico do pasado curso, pero semella que con cambios. Incorporacións aparte, e seguindo a información facilitada por La Voz de Galicia, Quique Fraga pasaría a ocupar o posto de director deportivo. A bo seguro é unha labor para que está preparado, posto que capacidade de traballo non lle vai a faltar. Seguirá liderando o proxecto, como non podía ser de outro xeito, Natxo Lezkano, que terá a ocasión de pelexar cos mellores e dar continuidade ao traballo destes dous últimos anos a un nivel competitivo maior. E supoñemos que seguirá tamén Pablo Abuín, veremos se con algún cambio de funcións.

Xa sobre a pista, contamos cos bases do pasado curso, Ricardo Úriz e Christian Díaz. Segundo as palabras do técnico celeste, quere contar con tres bases, co cal se supón que chegará un novo base de perfil alto.

Dos outros catro exteriores, contase co capitán Salva Arco e con Sergi Quintela. Sobre o lucense especúlase moito con unha cesión a un club Leb Oro, se ben o soño de moitos é que defenda a celeste en ACB.

Apuntaba tamén Paco Basanta en El Progreso que Johan Lofberg (un dos xogadores con máis potencial do pasado curso) tería oferta en firme para renovar por Breogán. Para finalizar este capitulo, lembrar que se vencella moito o nome de Alberto Corbacho con a cidade de Lugo, despois da súa saída de Obradoiro.

As últimas informacións apuntaban a que outro candidato sería Lucio Redivo, que non vai voltar á Arxentina e pertence a Xpheres, axencia “amiga” do club.

Onde máis falla de novas hai é na pintura, onde soamente se coñece o interese no regreso do ídolo Emir Sulejmanovic. Outro dos xogadores favoritos da afección para probar en ACB, Leo Demetrio, encontrase temporalmente xogando nun conxunto chinés, con opción a prorrogar o seu contrato. Sen novas de Matt Stainbrook máis alá dun posible interese de Bilbao, e do futuro de Guille Rubio, queda ver que pasará con Kabasele, sendo unha cesión o máis lóxico.

Parece lóxico primeiro de nada ver todo o que temos na casa e sobre eses cimentos construír o que será o breo 2018/2019, buscando pezas que dean o salto de calidade preciso para loitar contra 17 equipos que van esixir ao máximo para vender a derrota.

Porén, a máis ilusionante das novas é ver a resposta do público lucense, que xa case ocupou todas as cadeiras dos laterais do Pazo, e van collendo forma os fondos (precisamente as localidades máis económicas), co cal agardamos comezar o curso con un número de abonados que superará as expectativas e que dotará de saúde ao club.

Agardamos ascender por terceira vez; e así poder pensar só no deportivo, que é o que realmente nos gusta aos afeccionados.

Forza Breo!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s