Somos ACB

O ascenso do Breogán supuxo moitas emocións para toda a familia celeste. Sen lugar a dúbidas é un fito histórico para un club que levaba padecendo na Leb moito tempo, e que nos últimos anos comezou a brillar e facer soñar aos seguidores con o tan ansiado regreso á ACB.

El progreso

Foto: Xesús Ponte – El Progreso

Tiña gañas de escribir algo persoal, pois son moitas as vivencias breoganistas e especialmente dende o ano 2013, momento no que xurde Somos Breogán. É por iso, que despois de barallar diferentes opcións, me decido a publicar o aquí escrito no propio Somos Breogán, que foi quen tanto me deu. Non sei se o proxecto se retomará co regreso á ACB, ou se se afundirá de novo, pero coido que merecía o seu momento e a súa aparición agora que toca celebrar. Non todo vai ser nas malas.

En primeiro lugar porque Somos Breogán non era un proxecto meu, era un proxecto da xente. A xente sempre confiou nel, e sen o apoio dos seus colaboradores, dos peñistas (parte fundamental do Breo), futuros membros de Nove Ondas e afeccionados anónimos, isto non tería ocorrido.

Somos Breogán nace en resposta a un artigo publicado en El Progreso cargando en contra do Breogán que sentou moito malestar na afección. Nese momento, pouca prensa falaba do Breo, e meu irmán propuxo crear o blogue e no primeiro artigo recollemos as opinións de xente como Julio González ou Suso Lázare na que se defendía a honra do Breogán.

A partires de aí, chegaron moitos artigos lembrando o pasado breoganista, as primeiras entrevistas, enquisas, táboas de mercado, as estatísticas de Iván, artigos afortunados e non tanto… E o Breoganismo en Loita:

Comunicado dos afeccionados

Novo comunicado dos afeccionados

Días compricados

Este pequeno blogue converteuse por momentos na voz da afección, ou cando menos dunha parte dela, unha afección que falou en cada un dos sitios nos que estivo presente pero que deixou constancia escrita das súas demandas nestas páxinas.

Logo viría a fatídica derrota contra COB e unha tempada seguinte que foi fatídica en moitos sentidos, cun equipo que decepcionou e a retirada de un dos máis grandes amigos desta casa: Lisardo Gómez.

Un panorama desolador, un mal ambiente grande e en xeral desgana, fixeron poñer fin a este proxecto, que xa estaba moi desgastado.

Sempre digo que hai que lembrar o pasado para valorar ben a xesta que se acaba de conseguir.

E aquí estamos, dous anos máis tarde: en ACB. O vivido nesta última tempada, cun equipo de lenda é inesquecible. Un orgullo. Moitos vivimos a ACB ca chegada da maioría de idade ou na adolescencia, e temos esa época marcada no noso corazón celeste. Imaxinade todos os nenos e non tan nenos que acaban de vivir tan grande momento. Lembrade ben a data: 13 de abril de 2018. HISTORIA.

Por iso, quero dar as grazas a todos os actores de este ascenso: á afección, que é o principal motor do equipo e artífices de que o sentimento breoganista nunca se apagara e estea tan vivo:

  • Á directiva actual, por conseguir un obxectivo do que non todo o mundo pode presumir, aínda téndoo intentado de verdade. Aproveito para desexarlles moito ánimo no playoff dos despachos.
  • Aos traballadores do club, especialmente aos que pasaron momentos malos e de incertidume e agora ven o seu traballo recompensado.
  • Ao corpo técnico, por tantas horas de traballo. O posto non é agradecido e queima moito a todos os que pasan por el, pero cando se consigue unha empresa deste calibre, fai que todo pague a pena.
  • A prensa que nunca deixou de apoiar e informar sobre o C.B. Breogán.
  • Aos que estiveron nestes 12 anos de Leb no club e seguen querendo ao Breogán, porque tamén son parte disto.
  • E a estes xogadores, equipo para a lembranza, encabezado por o capi Salva Arco, secundado polos veteranos Ricardo Uriz e Guille Rubio, con Sergi Quintela de embaixador da cidade que liderou ao equipo en moitos momentos. Con Emir Sulejmanovic, que veu chorando e marchou chorando. Cunha parella de brasileiros que fixeron gozar ao Pazo co seu xogo, Fuzaro & Demetrio. Con a maxia canaria de Cristian Díaz. Ca irrupción estelar de Lofberg. Con o temporadón de Matt Stainbrook. Con Cebular que chegou para ascender, con Cigoja que cumpriu ata que se extinguiu o seu contrato e con Hervé Kabasele que no seu mellor día se rompeu.
  • Aos que nunca se baixaron do barco e en definitiva a todos os que levamos ao Breo no corazón.

Adeus liga Leb, ola liga ACB.

#ForzaBreo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s