Entrevista a Osvaldas Matulionis

No día de hoxe toca entrevistar a Osvaldas Matulionis, xogador que leva aquí dous anos e ao que aproveitamos para preguntarlle por certas situacións ocorridas recentemente sí como da súa traxectoria e gustos. Dita entrevista tivo lugar no propio Pazo despois do adestramento, onde fomos atendidos polo xogador lituano que nos brindou unha moi boa atención. Aquí o texto orixinal e a continuación a tradución ao galego. Pedimos anticipadas desculpas polos posibles erros.

 

@patmas16

@patmas16

Seguir lendo

Advertisements

Dani López de preto

Hoxe toca unha entrevista moi especial e que levaba moito tempo desexando facer a un xogador que leva o breoganismo tan dentro coma nós, ao capitán Dani López, co que repasamos a actualidade do club, a situación destas ligas e ao que coñeceremos un pouco máis. Queremos agradecer a súa predisposición para atendernos así como as facilidades que nos deu. Velaquí a entrevista:

Foto: @patmas16 Editada por @mlopez_16

Seguir lendo

Vai por ti, míster!

No día de onte, recibimos unha nova, que non por agardada, resultou menos dolorosa. No día de onte comunicáronnos que Lisardo, adestrador do C.B. Breogán non vai sentarse no banco esta fin de semana. Nin o vai poder facer no que resta de tempada.

Tempada esta, que foi a tódolos efectos, moi mala. Para el, para o equipo, para a afección, para todo. Pouco podemos salvar. Seguro que ten moita responsabilidade, igual que outros membros do equipo e do club, pero hoxe non toca falar diso. Hoxe toca arroupalo. Hoxe toca falar do mellor momento que vivíu este club dende o ascenso do 99, case nada. E con permiso de Cáceres 2008.

@CBBreogan

@CBBreogan

Seguir lendo

A importancia do tiro de 3 no básquet moderno

por @ivanff1980

Vai xa 6 anos, John Hollinger, vicepresidente de operacións de Memphis Grizzlies na actualidade, escribía un interesante artigo para ESPN sobre a importancia do tiro de 3 puntos na NBA (http://sports.espn.go.com/nba/columns/story?page=PERDiem-090327 ). Calquer seareiro é consciente hoxe en día do importante que é para un equipo estar atinado dende a liña de 3 puntos, pero Hollinger ía un chanzo máis alá e falábanos non só da importancia do acerto, senón da importancia do simple feito de tirar de 3.

Seguir lendo

O legado do 42

Dende o videoblog  quero volver a retomar o asunto da retirada das camisetas das lendas celestes. Isto ven a conta da eleccion de John Ofoegbu de levar o numero 42 na sua camiseta. Un numero que sempre estara ligado a Charlie Bell e ao legado e lembranzas que deixou na marea celeste. Por iso deixo un breve video co meu alegato defendendo a retirada das camisetas facendo especial enfasis no “legado do 42´´