Ciclos

A vida son ciclos e o baloncesto e un exemplo máis. A esta afirmación, como non podía ser doutra maneira, sucumbe o noso Breo.

Estos ciclos están determinados polo momento de forma e mental (ciclos) de cada un dos seus xogadores, todos eles manexados polo rol e a confianza que o adestrador e directiva (ciclos) lles facilita en cada momento.

Xesús Lence - Máximo accionista do breogán (2016)

Xesús Lence – Máximo accionista do breogán (2016). FOTO – Xesús Ponte en ‘El progreso’

Agora mesmo estamos nunha época un pouco máis longa, un momento grisaceo que comezou alo polo 2006, cando o inminente accionista maioritario presidia o clube. Son xa 10 tempadas fora da élite, e sen que o ciclo anual sexa perfecto. Cada equipo e cada xogador pasa normalmente por varios ciclos nunha soa tempada.

A actual (ciclo) está sendo especialmente longo, intentando vivir dos recordos do pasado recente que puido ser, pero que nunca chegou. Tras escoitar o noso adestrador en radio Lugo, teñoo claro.

Sabíamos que era breoganista, dos de verdade, pero agora tamen sabemos que ten a fortaleza e confianza necesaria para resistirse e decretar a súa parcela como “territorio libre de ciclos”. Está na súa man.

Por eso os ciclos simplemente pasan, escriben a súa propia historia, coméntanse e escríbense porque como é sabido, cada un conta a feira, segundo lle vai nela.

Plantel inicial CB Breogan 15/16

Plantel inicial CB Breogan 15/16

O ciclo que lle queda ao Breo apunta dificultades, quizais melilla, quizais Palma, pero o que sí é seguro e que o que resta desta LEB será cando menos dura. De momento tamén podemos asegurar que comezamos con 8 victorias e fora dos postos de playoff. Non e menos certo que os nosos xogadores e corpo técnico se entregarán o máximo para cando menos entrar nun hipotético play off. De non ser así so quedarán opcións de lamentación e drama durante o tempo estival.

Polo tanto, non hai marxe, e para daquela non se podrá volver atrás nin facer cambios para tentar enderezar o ciclo.

Por eso #eucreo, #eucreonobreo, que neste ciclo conxunto, de 10 anos, xa nos queda pouco espacio. Nalgún  momento poderemos finalmente abrir o cofre no que reside o éxito que viaxa en cada fracaso.

Estou seguro. O ciclo rematará! #eucreonobreo

Advertisements