A evolución clasificatoria do Breogán

Unha pequena curiosidade é ver como nos últimos anos houbo unha progresión nos resultados do Breo, que semella que en liga regular sube case que un posto por ano, sendo este o mellor dos últimos seis a nivel clasificatorio. A nivel de playoffs, participando nos seis últimos, tamén este resultou o mellor, chegando a final (e por momentos estando cun pé na ACB).

Ademais, neste curso tamén se disputou logo de moito tempo a Copa, na que o Breogán caeu con Palencia. Se nos deixásemos guiar pola progresión, o ano que ven tería que ser un gran ano. Pero todo isto non vale nada.

Tempada Posición liga regular Playoffs
2014/2015 Finalista
2013/2014 Semifinalista
2012/2013 Cuartos
2011/2012 Cuartos
2010/2011 Semifinalista
2009/2010 Cuartos

Se ben, o mellor dato posible foi ver o Pazo cheo ata a bandeira, ter que quitar a lona branca do fondo e unha masa social ilusionada e que parece que o ano que ven debería medrar.

Semella que quedou claro o que quere a grande maioría do público lucense, agardemos agora unha boa resposta e apoio en forma de abonados, e que se poida dar continuidade a este proxecto.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s