Colabora co estudo do impacto social e económico do C.B. Breogán

CB_Breogan

Durante a tempada 2014-15 levarase a cabo un estudo de impacto social e económico do clube Baloncesto Breogán S.A.D. impulsado polo colaborador desta páxina, Asier Maceda, e titorizado polo docente da Universidade de Vigo especializado en xestión empresarial do deporte, Patricio Sánchez. Dito estudo contará coa colaboración da propia entidade celeste.

O traballo pretende analizar o impacto económico e social que a participación na LEB Ouro do Clube Baloncesto Breogán supón para a cidade de Lugo. Ademáis, preténdese analizar e diagnosticar o funcionamento interno da entidade breoganista.

Como fase inicial e parte deste estudio, levaranse a cabo enquisas a afecionados e abonados. As enquisas realizaranse de forma anónima e serán de utilidade para o estudio como parte indispensable do mesmo. Preténdese coñecer aspectos como o perfil de afecionados que ten o Breogán, a súa opinión respecto de diferentes aspectos da propia entidade, o gasto indirecto dos mesmos na cidade con motivo de acudir aos partidos, etc.

As enquisas serán realizadas ao longo da tempada en diversos partidos que o Breogán xogue como local, e tamén estarán a disposición dos afecionados e aboados nas oficinas do Pazo Provincial de Deportes a partir do próximo Luns 8 de Setembro.

Ademáis, estúdase a posibilidade de poder cubrir as enquísas de forma telemática, feito do que se informará en próximas datas.

Por un Breogán cada día mellor, agradeceremos a colaboración da afección con este proxecto.

Advertisements

2 comentarios en “Colabora co estudo do impacto social e económico do C.B. Breogán

  1. Pingback: Campaña de abonados 2014/2015 | Somos Breogán

  2. Pingback: Enquisa online | Somos Breogán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s