Pola representación de todo o breoganismo

breoganismoenloita

Durante todo este tempo a masa social do Breogán veu demostrando un grande compromiso cara ao seu club, e sempre que tivo que actuar deu o paso adiante. Pero hoxe en día, e tal e como veñen as cousas pode ser máis importante ca nunca a asociación de dita masa en busca de obxectivos comúns.

Moitos son os pequenos accionistas, ou abonados sen máis, que non teñen apenas voz nin voto sobre os destinos do club. A idea fundamental de todo isto, é facer unha fronte común e organizada para acadar unha maior relevancia cando de participar ou discutir decisións se trate.

Parece que a mellor opción sería unha asociación, se ben isto sería unha das tantas cuestións que tocaría estudar en primeiro lugar. Para todo isto, precisamos de todos vós, xa que a idea é acadar a mellor e máis ampla posible. Como ben expresou o noso amigo Rodrigo todo isto debería traducirse en maior transparencia, en maior coherencia e maior nexo co afeccionado.

Nós, participariamos como membros, por suposto, pero non teriamos a capacidade para levar adiante todo. O único que podemos prometer é que traballaremos para que isto saia adiante, tendo en conta todas as vosas suxestións e propostas, pero nun papel de mediadores onde intentar reunir a todos.

Polo momento a iniciativa tivo boa acollida e xente con peso no mundo do baloncesto e afeccionados “anónimos” estarían dispostos a participar. Oxalá entre todos consigamos que isto saia adiante, e para iso, coma sempre, habilitaremos as diferentes canles posibles agardando a vosa opinión dando ideas e suxestións ao respecto.

#ForzaBreo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s