Pepe Rodríguez: “En Lugo fui muy feliz”

000Pepe

¿Cómo es la vida de Pepe Rodríguez a día de hoy? ¿Por dónde andas?

Vivo en Murcia, me asenté aquí en las dos temporadas que entrené aquí cuando compré mi vivienda. Ahora mismo colaboro con UCAM Murcia llevando a los jóvenes, estoy en el equipo junior, lo que me hace sentirme entrenador y matar el gusanillo.

¿Tienes algún proyecto de futuro?

Seguir lendo

Advertisements

Referendo breoganista (3 cuestións a debate)

Como todas as enquisas feitas nesta web, non pretendemos que isto sexa nada serio, se non que queremos simplemente pulsar a opinión dos lectores e todo aquel que poidera estar interesado en manifestar a súa opinión. Somos conscientes de que desta volta as preguntas deste “referendo” poden molestar a algún sector, polo que queremos pedirlles que o tomen como o que é, unha simple consulta ao afeccionado. Vaia por diante tamén que tentamos que os items de cada cuestión sexan axeitados e respectuosos. Non consideramos que debamos xustificar ningunha pregunta, porque todas son lícitas de ser feitas, pero non sabemos que se poden ferir sensibilidades.

As preguntas, evidentemente, son comprometidas porque atinxen a labores profesionais e colaboracións, se ben nos últimos anos déronse feitos para que haxa lugar a estas dúbidas. É máis, estas cuestións son das que máis se leva debatido nos últimos tempos.

Por iso, agora que falta pouco máis dun mes para a caducidade do convenio con Estudiantes e ca temporada case parada, semella oportuno facer estas cuestións. Polo tanto tedes cada un de vós a oportunidade de sinalar qué credes que sería mellor.

Lembrade, debatir é sano sempre dentro do respecto.

A tensa espera

consello e breo

Neste momento é difícil predicir como quedará o Breogán nun futuro próximo. Da venda de accións, pouco ou nada se sabe. Rumorease que algunha empresa puido comprar pero sen gran afán de pasar a formar parte do consello. Tamén é público que directivos ou persoas moi vinculados ao Estudiantes teñen intención de mercar accións e participaron no proceso. O obxectivo descoñecémolo, pero dise nos mentideiros da cidade que cando menos queren obter un representante no consello de administración. Pode crerse que para volver con políticas tantas veces rexeitadas por un importante sector da afección. A secretaría técnica, partidaria desta mesma política (lembremos, unha vez máis, as verbas de despedida de Pepe Rodríguez), sen dúbida recibiría esta nova con agrado. Se pola contra a intención é a de colaborar co Breogán, serán todos benvidos.

Tamén é ben certo que podemos ter ideas diferentes de qué debe ser o Breogán, que non se ofenda ninguén. Non todos teñen que compartir o punto de vista do que lles escribe, cuxa idea é ter o mellor equipo posible cos cartos que nos poidamos permitir, nin máis nin menos.

Así, esta espera faise tensa para os que agardamos coñecer cal será o futuro do Breogán.

E mentres agardamos tócalle seguir á fronte a este consello. Presidido por Veiga, pero que ten como cabezas visíbeis a Alberte Fdez Fraga e Alfonso Orol. Un consello que cando se formou, sen lugar a dúbidas creou inseguridade no que aquí escribe. Primeiro por producirse nun momento moi convulso, trala saída de catro conselleiros ante as discrepancias internas. E en segundo lugar por ser xente elixida, ou cando menos afín, a quen tantas dúbidas nos xerou durante a venda do Breogán.

Sen dúbida, as súas intencións foron boas dende un comezo, pero aínda así, a maioría de afeccionados mantivémonos expectantes e vixiantes. Desconfiabamos. Pediron tempo para ver resultados e así lle lo concedemos, aínda con todas as dúbidas. Non é menos certo que durante este tempo tamén expresamos as nosas críticas cando o consideramos oportuno. Co paso do tempo teño a certeza de que algunhas destas críticas foron desacertadas (cando menos pola miña parte).

E como non me caen os aneis por facelo, pretendo nesta ocasión recoñecer o seu traballo e apoialos para seguir na liña que están traballando, con decisión. A proba: o seu total respaldo ao noso adestrador e corpo técnico.

Final concurso supermanager

Ben, este concurso chegou á súa fin! O gañador final foi chopi24, quen renunciou ao premio. O segundo posto para antiagm, pechou o podio MAJUS e novo galardonado é o cuarto, RAMONRIVALDO

O prazo para que os tres gañadores se poñan en contacto con nós expirará o día 9 de xuño ás 20.00 da tarde. Teñen que contactar no mail somosbreogan@gmail.com

Graciñas a todos por participar!

E velaquí o top 10 da clasificación:

 

Power Rangers
chopi24 (Lugo)
6533,2
me gusta el tofu 5 antiagm (Lugo) 6500,8
vilameñe 6
MAJUS (Vilameñe)
6481,8
Breogan ACB II
RAMONRIVALDO (Santa coloma de gramenet)
6351
auria 3 michi26 (Ourense) 6306,8
Todos contra Funketelechy funketelechy (A coruña) 6204,2
Spot
ivanillo (Santa coloma de gramanet)
6189,2
Pichuqueiros
oscar_a_secas (Madrid)
6133,6
Todos somos Navajas Wanys45 (Lugo) 5995,4
10º Boricua Powa! UTB (Rincón de la victoria) 5990,6

 

 

 

Futuro, futuro e máis futuro

Rematou a tempada deportiva para o Breogán 2013/2014 con sabor agridoce logo da abultada derrota en semifinais cun Burgos superior en efectivos contra o que un Breogán mermado polas lesións e o cansanzo físico acumulado por un plantel de guerreiros pero curto de efectivos non puido facer máis. Sen dúbida o balance xeral da tempada dos homes de Lisardo Gómez é de notable alto.

Se ben no económico a tempada se pecha aínda o día 30 de Xuño, xa podemos avanzar algúns detalles. A pesar dos retrasos nos pagos a traballadores e xogadores e de ser presentadas xa as primeiras denuncias ante a FEB, non parece perigar o aval depositado no organismo federativo. Só se trata dun retraso burocrático na recepción das subvencións do Concello de Lugo e da Deputación, que chegarán a tempo coma nos últimos anos para que os xogadores poidan cobrar en prazo e non se execute o dito aval e se faga en tempo a inscrición do club na LEB 2014/2015. Todo apunta a que se pechará o ano cun lixeiro déficit orzamentario froito da indemnización a unha ex traballadora, coa que non se contaba ao inicio do curso. Se ben é certo que é un tema que parece estar controlado e que non xerará maiores problemas. Cabe recordar que durante este exercicio tamén se saldou parte da débeda co ex presidente Raúl López, e que en teoría, a 30 de Xuño finalizaría o convenio asinado co mesmo para lucir publicidade das súas empresas no Pazo e nas equipacións deportivas. Outro tema a revisar a partir desa data será o convenio asinado co Clube de Baloncesto Estudiantes de Lugo. Sen dúbida, un tema que preocupa moito a afección. Convenio si, pero que o Breogán non saia en ningún momento perxudicado e non se vexa condeado a ningún tipo de imposición. Cabe recordar que sen Breogán moi probablemente non habería un Estudiantes como o de hoxe en día, pero sen Estudiantes seguería habendo Breogán. Fórmula igualmente aplicable a calquera outro equipo de Baloncesto da cidade ou da provincia, porque sen dúbida, o clube celeste é o motor do baloncesto de Lugo e o que debería de servir de referente ao resto de equipos da provincia, sempre sen menospreciar a ninguén, por suposto.

Polo tanto, parece que no medio dun proceso de cambio de titularidade nas accións do clube e nunha etapa de transición, non perigará a inscripción do club de cara a tempada 2014/15. Isto aporta certa tranquilidade para comezar a traballar de cara ao futuro máis próximo. Presuponse que seguirá Ribeira Sacra como sponsor principal e haberá unha nova reducción orzamentaria que non poderá ser moi elevada froito da gran estrutura que o Breogán segue a ter tras non saír adiante o ERE plantexado no seu día, e que de ser moi forte afectaría sen dúbida a calidade do plantel e a viabilidade próxima dunha S.A.D. que xa está tocando fondo en canto a orzamento mínimo a ter se refire. Breogán é ao mesmo tempo unha S.A.D. das máis saneadas do panorama nacional, con menos de 300.000 euros de débeda e cuxo seu único problema é de financiamento e gobernabilidade nunha LEB ruínosa.

Na parcela deportiva, a 2014/15 iniciarase cun Lisardo como máximo responsable deportivo. Os próximos pasos serán a renovación ao completo do corpo técnico nos próximos días. En principio, salvo sorpresa, a comisión deportiva estará formada polos propios técnicos Lisardo e Quique Fraga, Juan Carlos Castro como secretario técnico, e Alfonso Orol e Alberte Fernandez como representantes do Consello de Administración. Se ben se manifestou claramente que o máximo responsable da planificación deportiva será Lisardo cunha única limitación que será a orzamentaria.

Lisardo Gómez xa manifestou o seu interese en contar con varios dos xogadores da pasada tempada. Posiblemente se persiga manter a base nacional e intentar reter a xogadores importantes como Diouf ou Palsson. Se ningún lobo con pel de cordeiro o impide, conformaremos por fin un plantel máis longo que o dos últimos anos. Aínda así, non empezamos ben de todo cando alguén dende dentro xa suxeriu certas propostas de xogadores. Finalmente, segundo apunta o periodista lucense Paco Basanta, parecen descartados para o vindeiro curso tanto Bortolussi como Charles, e o lesionado Manu Gómez.

É tempo de remar todos na mesma dirección. Tanto afección, Consello, ex directivos, traballadores, prensa, institucións e resto de clubes da cidade han de colaborar por manter vivo un proxecto que é de todos, dunha provincia, e que é unha alternativa de ocio para máis de 3.000 persoas cada 15 días nunha pequena cidade como é Lugo. Un proxecto que está próximo a cumprir os 50 anos de existencia.

É habital ver a pseudoadestradores de outros clubes lucenses apoiar ao equipo capitalino de baloncesto mentres que para o Breogán non teñen palabras de apoio, ou o que é peor, téñenas nas redes sociais pero despois son “pillados” poñendo trabas ou “cizañeando” en contra do Breogán e do seu entorno na barra dun bar. Lugo é moi pequeno e todo se sabe. Este tipo de condutas son as que se deben de evitar. Debemos de buscar a unión polo ben do Breogán e do deporte lucense.
Do mesmo xeito, é inconcebible que non todos os traballadores do clube remen na mesma dirección. Hai traballadores moi cualificados dentro do organigrama do Breogán e necesitamos da súa colaboración máxima para saír adiante e sobrevivir. Bastantes trabas veñen xa dende o exterior.

Confianza cega en Lisardo de cara ao ano próximo. Estou seguro de que se lle deixan traballar teremos un plantel de máximas garantías capaz de loitar entre os cinco primeiros da táboa. Dunha táboa que se presume ascenderá este ano a 16 equipos facendo máis atractiva a Adecco LEB Ouro.

Disfrutemos do baloncesto un ano máis, xa que parece garantida a viabilidade da entidade durante o 2014/15, pero non nos relaxemos demasiado, posto que a partir desta tempada plantéxanselle a un servidor moitas dúbidas de futuro. Quizais un ascenso a ACB salvaría unha situación que parece negra máis alá dun ano vista. As palabras do conselleiro Alberte Fernández Fraga en Radio Lugo parecen transmitir tranquilidade de cara ao futuro da entidade. Se ben mentres non se demostre o contrario, por desgraza, só vexo clara a viabilidade a un ano vista. E non é unha crítica ao conselleiro, o cal xunto con Alfonso Orol me transmitiron, tanto en persoa coma nos medios de comunicación, boas vibracións, son breoganistas e parecen esforzarse ao máximo polo ben do club; máis ben é unha crítica a incertidume que existe en canto ao futuro reparto acionarial da S.A.D. e a o seu financiamento a medio e largo prazo.

Polo que poida pasar, disfrutemos deste novo ano de baloncesto e loitemos porque non sexa o último. Todos xuntos: BREOGÁN.