Máis pezas para o Breogán 2013-2014

Lisardo Gómez amosase moi satisfeito ca confección do equipo cara a vindeira tempada. O último home en chegar é un coñecido: Michel Diouf. Poucos apostaban porque puidera continuar en Lugo, pero trala rescisión con Fuenlabrada decantouse por nós.

michel

Segundo as palabras de Lisardo “Diouf quería seguir aquí, e ese foi un factor determinante. O xogador contaba con mellores opcións económicas, valorou por encima o aspecto deportivo. A súa incorporación supuxo moito traballo”

Falta para o peche un escolta tirador, que todo apunta a que será Tyrus McGee, sen dúbida un auténtico killer dende a liña de tres:

Continuou Lisardo dicíndonos que o equipo “será un equipo curto, pero estamos moi satisfeito ca súa confección.” Así mesmo quixo destacar o gran traballo por parte de Juan Carlos Castro, así como o asesoramento de Quique Fraga e Javi Gómez.

Sobre a configuración definitiva, o técnico celeste di que conta con dez xogadores para comezar a pretempada, pero que non confirma nin desminte a posibilidade de máis movementos.

Este luns o equipo bota a andar, estando seis encontros xa case pechados, segundo nos deu a coñecer Lisardo. “Xa temos os rivais e datas, falta por coñecer o lugar onde se disputarán, pero en breve o club o anunciará na súa páxina web.” O primeiro encontro está previsto para o próximo día 7.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s