Javier Gómez: Imos ter a máxima paciencia

Turno para o director xeral do club, Javier Gómez. Desta volta incidimos sobre moitas das cuestións plantexadas onte a Lisardo Gómez, e estas son as súas respostas:

“Sobre a plantilla, as frontes abertas son moi sinxelas de saber. Como levamos dicindo dende maio, o verán ía ser moi longo, non só en Lugo, como se está a a ver. Os dous principais que quedan por cubrir serán cubertos por xogadores estranxeiros (independentemente do seu pasaporte) e imos ter a máxima paciencia: non queremos apurar a conseguir xogadores senón ter bos xogadores e que se axusten a un presuposto limitado. Os perfís xa os comentou en diversas ocasións Lisardo Gómez: un 2 que poda levar o peso da anotación exterior e un 4 que poda xogar por riba do aro e sexa poderoso no xogo interior, en xeral.”

“Gustaríame incidir nas cuestións económicas. O Breogán é SAD e non compite en igualdade de condicións na Liga. Se un club calquera baixa un 10% o seu presuposto, pode manter o poder adquisitivo pola baixada do mercado. Se o Breogán baixa ese presuposto ese 10%, non o pode manter pola débeda e porque de seu o coste club dos xogadores é moito maior. É triste pero é o que hai. “

Charles, outro rapaz que promociona ao primeiro equipo

Charles, outro rapaz que promociona ao primeiro equipo

“Por outra banda, dende a parcela deportiva apóstase por dar entrada a dous xogadores de canteira aos que é prematuro xulgar de xeito definitivo, para ben ou para mal. Imos ter 10 xogadores para competir este ano na Adecco Ouro: non podemos ir a unha plantilla longa.”

“Sobre a Copa Galicia, teríanos gustado celebrala en Lugo pero a FEGABA acordou antes con Compostela. Unha vez confirmada a inscrición do Marín PeixeGalego na Adecco Plata (dende aquí os meus parabéns), a FEGABA comunicaranos en datas próximas todo o relativo á competición. “

“Acerca da pretempada, buscaremos o criterio xeográfico e o deportivo. Non moverse moito de Lugo pero atopar adversarios que, a cada momento, sirvan para probar o que o corpo técnico desexe probar en cada momento.”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s