Renovacións 2018/2019 – A volta á ACB

Volta un clásico: as enquisas de Somos Breogán

Neste caso trátase de saber quen son os favoritos da afección para renovar no Breo na tempada de regreso a ACB.

A enquisa durará 1 semana e cada votante poderá elixir a 5 xogadores

Advertisements

Somos ACB

O ascenso do Breogán supuxo moitas emocións para toda a familia celeste. Sen lugar a dúbidas é un fito histórico para un club que levaba padecendo na Leb moito tempo, e que nos últimos anos comezou a brillar e facer soñar aos seguidores con o tan ansiado regreso á ACB.

El progreso

Foto: Xesús Ponte – El Progreso

Tiña gañas de escribir algo persoal, pois son moitas as vivencias breoganistas e especialmente dende o ano 2013, momento no que xurde Somos Breogán. É por iso, que despois de barallar diferentes opcións, me decido a publicar o aquí escrito no propio Somos Breogán, que foi quen tanto me deu. Non sei se o proxecto se retomará co regreso á ACB, ou se se afundirá de novo, pero coido que merecía o seu momento e a súa aparición agora que toca celebrar. Non todo vai ser nas malas.

Seguir lendo

“Siempre es lo mismo”

Iso dicía unha nena a súa nai que trataba de consolala, mentras eu lle pedía que non chorase. “Siempre es lo mismo”.

Chl23AKWkAEw4Ny

Seguir lendo

O pulso do derbi con Quique e Tito, en Somos Breogán

Qué mellor maneira de comezar o playoff en Somos Breogán que entrevistando aos técnicos dos dous equipos que se enfrontan este venres en Riazor? Velaquí as impresións dos dous, a quenes agradecemos o fantástico trato e facilidades para realizar no día de hoxe ambas entrevistas, a apenas 24 horas para que comece a que vai ser a festa do baloncesto galego nestes vindeiros días. Imos alá:

341 vs

CB_Breogan


Seguir lendo

Entrevista a Osvaldas Matulionis

No día de hoxe toca entrevistar a Osvaldas Matulionis, xogador que leva aquí dous anos e ao que aproveitamos para preguntarlle por certas situacións ocorridas recentemente sí como da súa traxectoria e gustos. Dita entrevista tivo lugar no propio Pazo despois do adestramento, onde fomos atendidos polo xogador lituano que nos brindou unha moi boa atención. Aquí o texto orixinal e a continuación a tradución ao galego. Pedimos anticipadas desculpas polos posibles erros.

 

@patmas16

@patmas16

Seguir lendo